As coleccións de Briozoos do Museo de Historia Natural da USC

Abórdase o estudo do material de Briozoos conservado no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. O Museo alberga catro coleccións diferentes que conteñen mostras de Briozoos: A colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”, a da “Fauna Mariña de Galicia”, a de T...

Full description

Bibliographic Details
Published in:Nova Acta Científica Compostelana
Main Authors: Reverter Gil, Oscar, Souto, Javier
Format: Article in Journal/Newspaper
Language:Galician
Published: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela 2022
Subjects:
Online Access:https://revistas.usc.gal/index.php/nacc/article/view/7693
https://doi.org/10.15304/nacc.id7693
Description
Summary:Abórdase o estudo do material de Briozoos conservado no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. O Museo alberga catro coleccións diferentes que conteñen mostras de Briozoos: A colección da “Estación de Bioloxía Mariña de Santander”, a da “Fauna Mariña de Galicia”, a de Tipos, e a Colección Xeral de Briozoos, que é con diferenza a máis extensa. En total, estas coleccións conteñen 1061 mostras de Briozoos, conservadas en seco, en alcohol ou incluso en formaldehído, correspondentes a 241 especies. Unha pequena parte está exposta ao público, mentres que a meirande parte está depositada na sala de coleccións do Museo. O 98% das mostras proceden de augas ibéricas, e máis en concreto o 92% proceden de Galicia ou de Portugal. O 84% do material foi citado en diversas publicacións científicas e un 13% das mostras foron ademais figuradas, polo que as coleccións constitúen un importante material de referencia. Unha cuarta parte das mostras teñen ademais especial relevancia por distintos motivos: As coleccións albergan catro holotipos e dez paratipos de seis especies; ademais, outras 59 especies son en xeral pouco frecuentes, ou ben o seu material é o único material ibérico, ou español, que se conserva. The study of the Bryozoan material preserved in the Museum of Natural History of the University of Santiago de Compostela is addressed. The Museum houses four different collections that contain Bryozoan samples: The collection of the "Santander Marine Biology Station", the "Marine Fauna of Galicia", the Types Collection, and the General Collection of Bryozoa, which is by far the most extensive. In total, these collections contain 1061 samples of Bryozoa, preserved in dry, alcohol or even formaldehyde, corresponding to 241 species. A small part is exposed to the public, while most is deposited in the Museum's collection room. 98% of the samples come from Iberian waters, and more specifically 92% come from Galicia or Portugal. 84% of the material has been cited in various scientific publications ...