Os códigos lingüísticos da rede e a paisaxe lingüística galega

Neste artigo analízase a proxección social dos novos códigos lingüísticos xurdidos na esfera tecnolóxica e nomeadamente a través dos sistemas de comunicación mediatizada por computador. En particular, tenciona verificar, por unha parte, a súa presenza na linguaxe pu­blicitaria, esfera onde estas prá...

Full description

Bibliographic Details
Published in:Estudos de Lingüística Galega
Main Authors: Mosquera Castro, Estefanía, Wellings, Matthew P.
Format: Article in Journal/Newspaper
Language:Galician
Published: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico 2014
Subjects:
Online Access:https://revistas.usc.gal/index.php/elg/article/view/1469
https://doi.org/10.15304/elg.6.1469
Description
Summary:Neste artigo analízase a proxección social dos novos códigos lingüísticos xurdidos na esfera tecnolóxica e nomeadamente a través dos sistemas de comunicación mediatizada por computador. En particular, tenciona verificar, por unha parte, a súa presenza na linguaxe pu­blicitaria, esfera onde estas prácticas son cada vez máis habituais e, por outra, as súas repercusións na paisaxe lingüística, que manifesta unha moi alta concentración de textos publicitarios e onde estes novos sistemas de escrita están a gañar cada vez maior visibilidade. Os obxectivos que se perseguen son varios: primeiramente, constatar o grao de expansión dos sistemas de escrita xerados na Rede e describirmos a súa orixe, os condicio­nantes que impulsaron a súa creación e a súa conside­ración social; en segundo lugar, demostrarmos o grande potencial destes códigos en determinados ámbitos que exceden a esfera lingüística ou comunicativa en que se xeraron,concretamente na paisaxe lingüística galega. Para alén da dicotomía entre o galego e o español e a presenza das linguas estranxeiras, xulgamos relevante in­corporarmos estes usos gráficos, pois constitúen tamén un indicador de vitalidade lingüística. Compilamos un corpus representativo de datos para nos aproximarmos deste fenómeno desde unha perspectiva cualitativa, mais tamén cuantitativa. A través de exemplos concretos examinaremos as súas manifestacións, as motivacións que están detrás do seu uso e a súa transcendencia social. Os resultados obtidos subscriben as nosas hipóteses ini­ciais e evidencian, igualmente, a necesidade de adoptar­mos enfoques multidisciplinares que reflexionen sobre as novidades lingüísticas e que, deste modo, poñan de manifesto a realidade (socio)lingüística da Galiza. In this study we analyze the social projection of new linguistic codes originating from technological advan­ces, and, in particular, from computer-mediated com­munication systems. We aim to ascertain, on the one hand, the extent of their presence in the language of advertising, a sphere in which these ...