Métodos de prevención de ataques de lobo ao gando e a súa aplicación en Galicia

Traballo Fin de Grao en veterinaria. Curso 2021-2022 O lobo (Canis lupus) é o maior depredador da Península Ibérica. A relación entre este animal e os humanos comezou no Paleolítico pero viuse interrompida pola chegada da gandería durante o Neolítico. Na actualidade, a nivel europeo existen 9 poboac...

Full description

Bibliographic Details
Main Author: Silvarrey López, Sabela
Other Authors: Rodríguez-Bermúdez, Ruth, Alibés Biosca, Joan, Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria
Format: Bachelor Thesis
Language:Galician
Subjects:
Dun
Online Access:http://hdl.handle.net/10347/30432
Description
Summary:Traballo Fin de Grao en veterinaria. Curso 2021-2022 O lobo (Canis lupus) é o maior depredador da Península Ibérica. A relación entre este animal e os humanos comezou no Paleolítico pero viuse interrompida pola chegada da gandería durante o Neolítico. Na actualidade, a nivel europeo existen 9 poboacións diferentes deste depredador. Dentro do territorio peninsular, encontramos 297 mandas da subespecie signatus en proceso de expansión cara o sur e o leste e, no marco da nosa comunidade autónoma, atopamos 90 mandas reprodutoras distribuídas ao longo do 94% da rexión. A clave para reducir o risco de que se produza unha diminución da tolerancia social cara a este animal e lograr compatibilizar a súa recuperación coa rendibilidade das explotacións gandeiras atópase en minimizar os danos. Hoxe en día, sábese que para acadar este fin débese restrinxir o acceso deste gran carnívoro ao gando. Existen numerosos métodos preventivos que buscan compatibilizar a gandería coa presenza do lobo. Debido á inclusión deste animal no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE), feito que impide o seu control de poboación, neste traballo analízanse as medidas de carácter non letal dispoñibles e estúdase a súa posible aplicación en Galicia. Tras a revisión bibliográfica realizada e pese a tratarse dun tema actual con tanta repercusión nos medios de comunicación, atopámonos cun número moi baixo de artigos cunha base científica fiable. Así mesmo, concluímos que non existe un único método preventivo que funcione en todas as situacións, polo que se debe procurar aquel que sexa útil en cada circunstancia determinada.